Outono é tempo das vendimas.
As uvas maduras, tentadoras,
tomaron o sol horas e horas
e lembran orballos e chorimas.
O vento baixa dende as cimas
con duras agullas feridoras
e as cubas, solemnes e señoras,
gardan, na adega, os seus enigmas.
Sé, Outono, soño e máis amor,
alédanos o gozo de vivir
a golpes de paixón e de furor.
Que a vida non deixe de sorrir.
Que a morte se faga só rumor
que mainamente peche o existir.
Poemas ao Outono (1977)
Ningún comentario:
Publicar un comentario