Este poemiña, con música de Antón Campelo, converteuse nunha cantiga popular do pobo galego:
Labrado da miña mao
fixen coa miña navalla,
un aradiño de pao...
Leva timón e chavella
¡e unha rella furadora
feita dunha lata vella!
Ten orelleiras; rabela
ten luída e rematada
¡que namora mirar para ela!
O meu arado é tan feito
¡que pode incluso esfender
labradíos a barbeito...!
¡Teño xa que darlle estreno
ao meu arado arador,
ao meu arado pequeno...!
¡E non sei a ónde hei de ir
buscar os bois que preciso,
buscar bois para xunguir!
Os soños na gaiola (1972)
Ningún comentario:
Publicar un comentario