O home é eterno
e invencíbel:
hai séculos
que venceu
á miseria,
á enfermidade,
á morte.
¿Quen dixo
que o home é
un ventiño livián
e desvalido,
unha folla murcha?
O home é todopoderoso:
un deus omnipotente
e algo máis.
Odes para un tempo de paz e alegría (1972)
Ningún comentario:
Publicar un comentario