martes, 11 de agosto de 2015

A escollida

Oda a unha rapaza do noso tempo

Contigo, rapaza intelixente,
muller libre,
sen prexuízos,
ceibe como o vento
que tirache
no caixón da porcallada
as ideas anticuadas
da nai, da avoa,
da tataravoa,
serei feliz. Soio contigo.
Ti non tes complexos
taraduras,
frustraciós: eres
como a auga sen contaminar,
como o bo trigo,
clara como o sol, pura
como o espacio sideral.
Soio ti me podes comprender
e amar de verdade.
Soio ti podes parir
aos homes
integrais do futuro.
Soio ti.

Odes nun tempo de paz e de alegría (1972)

Ningún comentario:

Publicar un comentario