sábado, 15 de agosto de 2015

Corazón: paxaro de silencios

Esta é primeira parte dos "Cinco pequenos poemas

         1

O corazón
paxaro de silencios
sen palabras:
auga.

O corazón
anda a tremer
baixo unha lúa
pálida.

¡Quen puidera despirte,
ouh corazón,
e ollarche a alma!

O silencio rómpese
coma un lago:
pomba desplumada.

O corazón.
Soedade.
Eco de palabras.
Nada.

Advento (1954)

Ningún comentario:

Publicar un comentario