Horario de traballo
Segundo se le no artigo 10
do Regramento,
apartado terceiro, quinto
párrafo,
débese traballar de nove a
unha
e de catro a sete pola
tarde.
Eu coa miña Musa estou
desesperado,
a miña Musa non cumpre o
Regramento
nin tampouco o horario de
traballo.
Terei que demandala. O
xuzgador
ten que acordar que fique
cesante
por sentencia firme, xusta,
inapelábel.
Estón poñerei este
anuncio nos xornais:
"Precísase unha Musa
en bo estado,
pagaránselle pluses,
vacaciós,
quinquenios, luz e máis
criada
i unha paga de máis de
cando en cando".
Documentos persoais (1954)
Ningún comentario:
Publicar un comentario