Quiroga:
fáloche a ti para preguntar
pola
perdida raíz da xente miña
que
nesta terra viviu e, nela, tiña
asentamento
profundo o seu solar.
¿Qué
destino feroz ou qué pauliña
puideron,
absurdamente, rematar
co seu
constante, paciente laborar
e a
súa vida ignorada e pequeniña?
Todo
camiña á nada, para o olvido,
gravando
nos ronseles da memoria
un
recordo profundo e dolorido.
E,
para poder vivir o xa vivido,
recupero
teimudo a propia historia
e
déixome perder entre o perdido.
Sonetos
ao Val de Quiroga (1988)
Grazas Eva
ResponderEliminarGrazas Eva
ResponderEliminar