Anxo de silencio
Anxo de silencio nas miñas
maos de terra,
vivindo en chama
apaixonada,
en voz de melro que canta
nas silveiras;
eu óllote na noite como un
paxaro morto,
como o cabelo dunha nena
triste
que agonizou e fíxose aire.
Anxo de silencio, amigo,
róesme as entrañas.
Ao teu redor é todo
sombra,
medo a unha campana que non
se pode tanguer,
a una morte que arrepía ás
cousas.
Anxo de silencio, que vives
no trasmundo
enloitando o teu corpo con
vieiros sen luz:
aínda tés o cadáver dunha
rosa.
Anxo de silencio sen
canción:
estás na túa humildade
como un verme
maldicido por Deus
eternamente.
Mar Maior (1963)
Ningún comentario:
Publicar un comentario