domingo, 9 de agosto de 2015

Non todo é lume nesta terra

Para enfrontar estes tempos que os lumes asolagan este recuncho de terra, un poemiña do primeiro libro do autor, onde o fume -azul coma o ceo limpo- está lonxe de ser o resultado dunha traxedia ecolóxica:

Fume

Este fume azul
-ronsel de lonxanías-
voa lixeiro cara o ceo.

Na penumbra:
soidades.
E na alma:
pensamentos
e roseiras.

A luz da tarde
morre nunhas breixas.

Fume azul
e promesas
enguedelladas
nas silveiras...

Muiñeiro de brétemas (1950)


Ningún comentario:

Publicar un comentario