Por desgraza, segue estando vixente esta composición de Manuel María, na que ironiza sobre "as facilidades" que encontran os que teñen que deixar a súa terra:
Oda aos nosos emigrantes
Oda aos nosos emigrantes
Os
emigrantes vanse porque queren:
é
xente aventureira que gusta
de
cambiar de ar de cando en vez.
Xentes
que foxen sen máis nin máis,
que se
desarraigan para ollar novos
países,
para deprender idiomas,
para
ver outros usos e costumes
e
contemplar paisaxes que aínda
non
coñecen. Non teñen dificultades:
son
recibidos cos brazos abertos,
con
clara sorrisa fraternal,
con
música e foguetes, con festas
na súa
honra, traballan cando
queren,
cando lles vén ben,
teñen
servicio espiritual asegurado,
colócanlles
as divisas, habitan
en
palacios, comen ben, cando
lles
peta van dar unha voltiña
polos
eidos natais, en autos
fabulosos,
dispoñen de diñeiro
a
moreas, os seus fillos son
educados
nos mellores colexios.
Os
emigrantes son felicísimos
posto
que todo o mundo os enche
de
atenciós e fanlles a vida
moi
amábel. Non é verdade, pois,
que
sintan saudades da súa terra.
Se
sentiran saudades non irían
tocar
o zoco mundo adiante.
No seu
país nada lles falta,
máis
ben lles sobra todo. Todo.
Odes
nun tempo de paz e de alegría (1972)
Ningún comentario:
Publicar un comentario