Fuxiume non sei de que
xeito
nen pra onde. Aquela
canción
era unha mañanciña de
maio,
a ave que cantou asombrada
no mencer feliz do
paradiso,
a virxindade do mundo
e a da vida, a palabra
esencial, a luz máis
clara,
a rosa perfeitísima,
a compaña total: a sagrada
frecha, mensaxe dun deus,
que me feriu, pra sempre,
no
xusto lugar que máis me
doi.
As lúcidas lúas do Outono (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario