Entre as últimas obras que publicou Manuel María encóntrase un poemario cuxo título é unha evocación doutro clásico seu: é unha invitación do poeta a redescubrir os seus versos nun xogo de autorefencialidade, como pode verse nesta composición:
Análise da máis
segura dúbida
Desconfío,
dubido, temo
se
a miña patria
será
como un muíño humildísimo,
resignado
e pasivo.
Non
lembro o pasado máis remoto,
inquedante
e escuro:
unha
brétema inocente perdida
non
sei onde hai moitos séculos.
De
poucas cousas hai lembranza nidia:
...
a vaguidade
dun
arado vello e anacrónico
que se
revelou contra os bois,
un
carro intemporal e cantareiro
carrexando
vento para ningures,
unha
semente lanzada contra a vida
para
proveito de corvos e voitres.
E unha
furna.
Brétemas
do muiñeiro (2000)
Ningún comentario:
Publicar un comentario