Moncho Reboiras, 1975, Ferrol. Como esquecer eses feitos querendo construír unha patria...
Poema/homenaxe a Xosé
Ramón Reboiras Noia
Xosé Ramón Reboiras Noia,
amigo, camarada, estrela
vermella-azul-branca no
mencer
prometedor da nosa patria,
heroe en tempo de traizón,
corrupción/covardía,
martelo
proletario,
remo
con saibo e sal e iodo;
fouce labrega/vingadora;
espiral que vén dendes do
fondo do tempo para abrirse
en claridade e futuro.
Ti eres
a pedra=mestra para
re-edificar a nosa casa.
Puideron segarche a vida,
¡ouh, Moncho, meu irmao!,
a – se – si – nar –
te.
O que eles non puideron,
nin poderán endexamais,
é arrincar / esmagar a
semente que deixache
esparexida no corazón
do pobo,
na vixiante
conciencia colectiva
e que
xa está a agromar en
patria-ceibe / socialista.
Este é, ¡ouh camarada,
amigo e irmao
i
nes
quen
cí
bel!
A túa vin-gan-za,
a nosa
vinganza i-ne-xo-rá-bel.
Poemas para construír
unha patria (1977)
Ningún comentario:
Publicar un comentario