Elexía por un recendo
Coma en todas as casas de aldea, ata non hai tanto, na casa de Hortas tamén se cocía, como lembra Manuel María nesta composición, sempre atento á cultura material do pobo ao que pertence:
Toda a tribo recendía a pan cocido.
Toda a tribo recendía a pan cocido.
Aquela marabilla
espallábase
por cada recuncho, entraba
nos fogares, envolvía ás
árbores
e aos froitos, facíase
leve nube:
penetrábanos. Tratábase
dun rito
que era, á vez, un
sacramento.
Sentíase como algo
sobrenatural
aboiando o espacio. Nós
calábamos.
E respirabamos fondo,
compracidos,
para disfroitar de aquela
regalía:
fino galano da terra e máis
da vida.
As lúcidas lúas do Outono (1986)
Ningún comentario:
Publicar un comentario