Vendo o día que está, pareceume que esta poesía lle acaía ben:
Égloga do vento namorado
Égloga do vento namorado
Dende
hai moitos anos coñezo e teño
amizade
co vento do Cantábrico
que
gallopa como un tolo
a
Terra Chá, só para pousarse no
cedro
lanzal da casa de Hortas.
E alí
queda, entre as ponlas:
senlleiro,
ferido, namorado,
saloucando
o amor romántico
-purísimo
e imposíbel- que sente
pola
estreliña do luceiro, Venus
perfecta,
lonxana, inaccesíbel
que
lle dá o seu nidio cintileo:
unha
pinga de luz transververada,
marabillosa
rosa aberta nos
incitantes
espacios siderais ou
tépeda
bágoa da noite que se vai.
As
lúcidas lúas do Outono (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario