Manuel María, era un poeta da chaira, da Terra Chá lucense, de onde procedía por orixe, mais o seu afán de "andar a terra" e o seu ollar atento fixérono tamén cantor dos vales e doutras paisaxes, coma o mar:
¿Que mar é este que, deslumbrado, ollou
¿Que mar é este que, deslumbrado, ollou
como Venus nacía das súas
augas?
O seu corpo de deusa,
branco e nu,
emocionou á ondas que se
fixeron
lenes, doadas, musicais
para envolvela
con sonido amoroso, dóciless,
fideis cás
que lamberon a súa pele de
nácar
con tan alto gozo que era
espasmo.
Ditosas ondas: na memoria
tedes,
para sempre endexamais,
aquel suceso
que mudou totalmente a vosa
vida.
¿Dende entón o voso rouco
marmurio
é un verso de amor
desesperado,
un laio amargo, unha queixa
sen fin,
a longuísima e angustiosa
agarda [...].
Conmoveuse o mar
dende o mundo subacuático
do fondo
deica os libres peixes
nadadores.
A auga incendiouse.
E o mar, potente e
masculino,
fíxose fogueira de amor,
berro incontíbel.
A Primavera de Venus (1993)
Ningún comentario:
Publicar un comentario