El era ese home que percorría as terras de Galiza coa esperanza de sementar a súa voz niso que somos os galegos/as, tan etéreo como pétreo:
Aínda teño a esperanza
Aínda teño a esperanza
Aínda teño a esperanza de
poder
percorrer unha por unha
todas as parroquias de
Galiza,
lugares e casais,
andar porta por porta,
dialogar persoa a persoa
face a face,
pois non hai tarefa máis
urxente,
fermosa, nidia e necesaria.
Gastarei o meu corpo nos
camiños
ata ser po, seixo e
silveira.
A miña voz, de tan usada,
será
o levísimo eco dun rumor:
só fundamento da semente
que apenas poderá rozar
a intimidade choída dos
galegos,
estraña tribo
incomprensíbel
feita de tebra, vento e
cantería.
Versos do lume e do
vagalume (1982)
Ningún comentario:
Publicar un comentario