domingo, 23 de agosto de 2015

O difícil entendemento

45

Pese a que pronunciamos as mesmas
palabras, non podo entenderme
coa miña propia xente. O noso é
un diálogo inútil e absurdo.
Estamos en mundos moi lonxanos.
Cecais que eles sexan pedras
ou carpazas que están a ras
de chao: algo que arraiga
e permanece. E que un sexa
tan so a sombra dunha nube
inconsistente e vagamunda
que pasa, fuxidía, pola tribo.

Ritual para unha tribo capital de concello (1986)


Ningún comentario:

Publicar un comentario