mércores, 19 de agosto de 2015

A posibilidatadora da vida...

Na poesía de Manuel María existe unha liña temática de contido metapoético, moi vizosa. Fica aquí outra destas composicións onde desenvolve a súa concepción da propia actividade creadora:

Defensa da poesía

¡Ouh Poesía!
¡Raíña e dona!
Virxe endexamais
vendida nin luxada;
realidade
presentida somentes
que nunca se puido
acadar ou poseer
contra a súa vontade.
Don diviño e misterioso,
realidade dos soños:
aínda por ti
a vida
non é un imposíbel.

Remol (1970)

Ningún comentario:

Publicar un comentario