Aínda que teñamos o alento da vida e a sorte nos permita cruzarnos con presenzas marabillosas -como o propio Manuel-, os seres humáns somos perecedeiros:
Rondó da transitoriedade
Nós sabemos que somos
transitorios,
unha música maina e
pequeniña
que remata perdéndose
nun alén incerto que
ignoramos.
Non importa que as azas dun
anxo
pasen rozando levemente,
con delicadeza e unción,
a nosa materia rude e
imperfecta
se a pústula do odio nos
posúe
e os seus vermes verdes e
viscosos
rematan devorando a nosa
vida.
Compendio de orballos e
incertezas (1991)
Ningún comentario:
Publicar un comentario