Elexía polo lume das
vellas lareiras
Foi un
tempo feliz cando un podía
ollar
a chama irmá iluminando
o lar,
gozar do seu prodixio
de
arco da vella encadeado,
escoitar
a súa música amorosa,
comprender
as súas palabras
misteriosas,
ledas e ancestrais
que
tiñan a sabedoría secular
que
foron acumulando os defundiños.
fogueiras
nos quentaban por fóra
e máis
por dentro. E non deixaban
enfriar
a lembranza emocionada
-¡ouh
meus amados lares e penares!-
dos
entrañabeis deuses familiares.
As
lúcidas lúas do Outono (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario