Tiña
que ser precisamente eu:
a voz
máis feble e cativa
que
deu o noso pobo,
a
menos autorizada e harmoniosa
a que
clame na tebra,
no
deserto,
no
ermo e no baleiro.
Sobor
desta terra vella,
raigaña
de onde vimos
dende
a orixe do tempo,
lembro
a historia dos meus
que
sucumbiron ao ferro
dos
conqueridores,
ás
razóns dos poderosos,
á
avaricia dos máis fortes.
A
historia do meu país,
as
dores da miña matria,
os
días do meu pobo
son un
suma e sigue,
unha
conta aberta
e non
saldada [...].
Aldraxe
contra a xistra (1973)
Ningún comentario:
Publicar un comentario