luns, 28 de setembro de 2015

Comezo de balada

Balada para unha balada

Unha balada pode ser un reiseñor
ou unha bala feita dunha sílaba,
causa pola que non estoura:
esfóllase como unha rosa
e somos impotentes para apreixar
o seu recendo entre os nosos dedos,
impuros e brutais, afeitos
a estrullar este noxo tristeiro.

Unha balada pode ser un valo e,
se sae macho, convértese en balado,
en sebe que nos couta e nos obriga,
en espiñosa palabra insolidaria,
en senlleiro silencio silandeiro
enxendrato con medos e con bágoas,
en couto arredador que nos impide
camiñar colléndonos das maos [...].

O libro das baladas (1978)


Ningún comentario:

Publicar un comentario