venres, 4 de setembro de 2015

Corpos deshabitados

A incertidume á que está sometida cada persoa ao longo da súa vida, máis abafante nuns momentos que noutros, fainos sentir, ás veces, ocos por dentro. Este poema de Manuel María ilustra ben esa desagrable sensación que nos invade de súpeto:

Rondó da alma ausente

Ás veces acontece que nos fire
un lóstrego súpeto.
                                  Entón
a nosa alma, acovardada, fuxe
moi lonxe de nós mesmos,
deixándonos orfos e baleiros,
habitando nun pasmo,
no país lonxano das ausencias.
E cando a alma, desnortada,
ao fin, retorna a nós:
dóelle acostumarse novamente
a este corpo baleiro e solitario.

Compendio de orballos e incertezas (1991)


Ningún comentario:

Publicar un comentario