Señor Gato
Señor
Gato:
atencín;
no
rincón
hai
un burato;
no
burato
está
o rato
caladiño,
acochadiño,
sen
falar nin respirar.
|
-Señor Gato,
pon
sentido
que
metido
no
burato
está
o rato.
-Señor
Gato:
está
o rato
no
burato
do
rincón:
¡ten
nun puño
o corazón!
|
-Eu non dudo,
Señor
Gato
bigotudo
que
está o rato
no
burato.
Ten
as unllas
afiadas,
cravuñadas,
preparadas:
bule
axiña
que
senón
Señor
Gato
bigotón,
¡do
burato
fuxe
o rato!
Os soños na gaiola
(1972)
|
xoves, 17 de setembro de 2015
O gato e o rato
Manuel María escribiu versos e relatos para os máis novos e as máis novas. O gato foi o protagonista de varias destas creacións, como no caso de O bigote de Mimí ou este poemiña, que tamén podedes escoitar musicado por Uxía:
Etiquetas:
1986,
O bigote de Mimí,
Os soños na gaiola,
Señor Gato,
Uxía
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario