Poemiña
das Penas de Rodas
En
Gaioso, ollando a Chá,
hai
dúas penedas ergueitas.
¡Semellan
non ser verdá
redondeces
tan ben feitas!
As
Penas de Rodas son
dous
ollos alucinados
que
espían con atención
os
eidos máis alonxados.
Se
ambas penas se desfán
arde,
co mundo, un tesouro:
¡unha
pena é de alquitrán,
a
outra unha trabe de ouro!
Non
sodes, non, cantería,
ouh
penas de encantamento.
¡Temo
que calquera día
vos
poida levar o vento!
Terra
Chá (1954)
Ningún comentario:
Publicar un comentario