Estou
aquí e agora: instalado
nunha
vida en precario,
nunha
morte aprazada
que me
cerca e que me vence,
dobregándome,
retorcéndome
como a
chama á corriza.
Invoco
aos billóns de células
que
están en min
morrendo
e renovándose,
mudando
este meu corpo
marabilloso,
ruín
e
complicado.
Invoco
tamén ao meu espírito
que
procura unha luciña,
unha
chama moi feble
que un
entreviu un intre só.
Camiños
de luz e sombra (2000)
Ningún comentario:
Publicar un comentario