Estou
entre a néboa, aquí en Galiza.
Non
teño dornas para navegar o mar
que
peta en min, mouro e terríbel.
Profesei
de labrego dende neno
na
miña Terra Chá, senlleira e longa.
Por
sucos teño as miñas veas,
unha
soidade fonda por semente
e por
terra cativa este meu corpo
feito
de arxila feble e pecadora.
Deus
riba de min
e eu
debaixo de Desus co meu amor.
Dos
meus escuros beizos estas verbas
que
anceian voar como paxaros
polo
ceo pequeno de min mesmo.
Agardo,
ano tras ano, pola rosa
que
ten de agromar, fermosa e branca,
para
xustificar así a miña vida
escura
e caladiña baixo o vento
sutil
e misterioso da saudade.
E falo
decote nesta música
na que
canta Galiza dende sempre.
Mar
Maior (1963)
Ningún comentario:
Publicar un comentario