Canción
da hora de deitarse
A hora
do repouso xa chegou.
Corpo
e espírito están maltreitos:
os
espírito sufriu, o corpo traballou
e
seguen, como sempre, insatisfeitos.
A vida
é dura, cruel e moi ingrata
e nós
loitamos con ela dando o peito.
A vida
é unha forte cadea que nos ata
a un
mundo cruel, inhóspito, mal feito.
A hora
do repouso ten chegado
e
queremos facer certo reconto.
Repasamos
os feitos con coidado.
Repasamos
a vida... ¡E que morra o conto!
Mañá
é outro día. E hai que durmir.
Despois
do sono chega o despertar.
Mañá
é outro día. Hai que vivir.
¡E,
se queremos vivir, cómpre loitar!
Canciós
do lusco ao fusco (1970)
Ningún comentario:
Publicar un comentario