venres, 18 de setembro de 2015

Cronos galaico

As horas do día, os períodos de traballo e de lecer, as estacións do ano, a pegada do tempo na paisaxe e no ser humano ... toda unha antropoloxía cronolóxica percorre a obra do poeta chairego. Para mostra, esta composición:

Alborada

Xogando na luz da alba
con aguilladas de sombras
muiñabas doces brisas
no teu muíño de follas.

Os ventos, que non te oían,
cos seus foguetes de flores
depenicaban nas eiras
garabullos de milleiros.

Asubiaban os merlos
alalás entre as silveiras.
¡E a preta noite morría
aforcada nas cerdeiras!

Muiñeiro de brétemas (1952)


1 comentario: