Manuel María escribiu poemas moi diversos, tanto formal como tematicamente ao longo da súa traxectoria. Quedan aquí estes dous poemiñas na liña das cantigas medievais galego-portuguesas, que semellan unha regueifa amorosa entre dúas voces poéticas:
1
Dáme o teu silencio,
amiga,
pra facerche unha
cantiga,
¡ai amiga!
O teu silencio dourado
e alto como unha
espiga,
¡ai amiga!
Hei facer unha cantiga
co teu silencio, que
diga:
¡miña amiga!
|
5
¡Estar a soias contigo
entre unha leira de trigo,
meu amigo!
¡Estar a soias contigo
á sombra do verde pino,
meu amigo!
Escoita ben o que digo:
¡estar a soias contigo,
meu amigo!
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario