A Romaxe de Crentes Galegos tivo lugar onte en dous espazos máxicos de Outeiro de Rei: Penas de Rodas, na parroquia de Gaioso foi o primeiro; ao segundo deles, o campo da Santa Isabel e a súa ermida -pola que tanto se devanou o poeta cando estaba en ruínas-, vai adicado o poema ao que pertencen estes versos:
A
ermida de Santa Isabel de Outeiro de Rei
Ti,
ermida de Santa Isabel, tan sinxela,
calada,
solitaria e humilde, erguida
na
confluencia do Ladra coa do Miño
no meu
Outeiro de Rei da Terra Chá:
cristianizas
un lugar privilexiado
onde
os nosos devanceiros veneraban
o
misterio do mundo, o saberse pequenos
e
impotente, anque neles ardían
inconmensurabéis
desexos de infinito.
Neste
lugar sagrado daban culto
aos
antergos e humanísimos deuses
das
augas, dos bosques e dos ventos.
Os
ritos continuaron no tempo.
A nosa
xente, xeración tras xeración,
baixo
o ardente sol do mes de xulio,
acudía
á ermida e imploraba piadosa
farturentas
anadas de centeo e de trigo
e que
a vida seguira o seu camiño.
O
Ladra mostrábase entón máis cantador
e as
augas do Miño transportaban
pregos,
músicas, tristezas, alegrías
que se
facína río, auga lustral
purificadora
de mágoas e miserias [...]
O
Miño, canle de luz e néboa (1996)
Ningún comentario:
Publicar un comentario