Manuel María aos 45
anos
Algún
día cecais chegue a ser
-Deus
non mo permita-
un
morto profesor de Historia,
de
Literatura ou de Filosofía
e
terei que poñer ceros
a
rapazas xeitosas, con coxas
de non
vencidas plumas
e seos
de ritmos sensitivos.
Os
meus amigos, ao ollarme pasar,
cecais
me paren, pra dicirme:
"Manuel
María: ti es unha momia
que
vives a cen légoas desta vida..."
E eu
marcharei insensibelmente
paseando
a ridícula
caricatura
de min mesmo,
escribirei
poemas ben medidos,
estarei
ás 9 en punto no instituto
e
diranme os meus alumnos
ao
atoparme no paseo vespertino:
"Boas
tardes teña vostede,
don
Manueliño..."
Morrendo
a cada intre (1952)
Ningún comentario:
Publicar un comentario