Conto
de medo
Según
rezan contos vellos
e
moitas antigas consellas
os
lobos feroces comen
as
inocentes ovellas.
Cando
as ovellas están
en
calquer monte ou pasteiro
pódense
ollar sorprendidas
polo
lobo carniceiro.
E hai
lobos moi astutos:
para
acabar un rebaño
métense
entre as ovellas
disfrazados
de pel de año.
E hai
lobos tan agudos,
tan
agudos lobos hai
que
caen sobre as ovellas
sen
deixarlles decir: ¡ai!
Pro
nestes tempos de agora
xa hai
un invento novo:
¡é
que aparecen ovellas
que
acaban comendo ao lobo!
As
rúas do vento ceibe (1979)
Ningún comentario:
Publicar un comentario