O
Norte
¿Cómo
será o Norte de brétemas escuras,
mestas
e pechadas como a noite,
onde o
vento feroz e poderoso
-do
que deprende o lobo os seus oulidos-
asusta
boscos de abetos e piñeiros
e as
leves e xentís abidueiras,
miñas
donas amadas,
de
carne de neve e máis de lúa?
¿Cómo
serán ou non serán
os
fiordos de Noruega
e as
lonxanas rúas de Kiruna?
¿Qué
foi dos viquingos
e qué
brisa ousa repetir
as
arrepiantes navegaciós de San Olafo?
¿Qué
morte consome sen remedio
ao
anémico sol da meianoite?
¿Cómo
bradarán os renos
e cómo
ecoarán nas fragas
os
seus urxentes laios amorosos?
Maxino
o Norte
como
un inmenso corazón de xelo
que
soio se atreve a latexar
cando
en abril sorrí a Primavera.
O
camiño é unha nostalxia (1985)
Ningún comentario:
Publicar un comentario