O labrego
Un
labrego tan só é unha cousa
que
case non repousa.
Da
sementeira a seitura
pasando
pola cava, 
a súa
vida é moi dura
e moi
escrava.
Sempre
trafegando,
arando, 
sachando,
mallando,
gadañando,
percurando
o gando.
Sempre
a ollara parao ceo 
con
medo e con receo.
Sempre
a sementar ilusión, 
poñendo
na semente o corazón,
para
colleitar pobreza
e máis
tristura [...]
Versos
para cantar en feiras e romaxes (1969)
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario