Cupido
Inconsciente meniño do carcaxe de ouro:
disparas ao azar as túas saetas
que, nas súas puntas, levan
o mel e o fel, tristeza e alegría,
un lume prodixioso e inmortal
que arde sen consumirse endexamais
e mantén o volcán do noso instinto,
o gozo, a tenrura, o éxtase supremo:
razón da nosa vida transcendendo
á vulgaridade, á morte ou ao esquezo.
Recibín moi gustoso, ouh Cupido,
a fondísima ferida que me fixo
a frecha imparábel do teu arco
e que traspasou o meu ser deixándome
unha chaga vermella como a acendida
rosa en plenitude.
Gracias a ti
sométome ao doce imperio da beleza [...]
Ningún comentario:
Publicar un comentario