Manuel María non deixa espazos vitais percorridos sen poetizar, como pode verse neste poemiña adicado ás tabernas, eses lugares míticos e plurifuncionais, onde o tempo se esvaía...
Naquela nobres e clásicas tabernas:
Roibás, Arrieiro, bar Salgueiro
-o maragato Santos era o estraño-,
bebíanse os viños do país, amigos
e lizgairos, que non mataban
a sede total e insatisfeita
que cada un de nós leva consigo.
Todas elas eran
unha aberta casa comunal
e tiñan un rumor irrepetíbel
de ventos, abellas e paxaros.
Ritual para unha tribo capital de concello
(1986)
Ningún comentario:
Publicar un comentario