martes, 29 de decembro de 2015

Paxaro de lume

Paxaro

Paxaro de cores sorprendentes:
pos nos nosos ollos
a marabilla total da creación.
O teu gracioso voo empuxa o ritmo
normal do noso sangue
e lévanos lonxe de nós mesmos.
O teu fermoso corpo é o soño
que vivimos, fonda e longamente,
sen rematar nunca de soñalo:
única e auténtica tarefa
que lle dá senso eternidade
á nosa vida case incomprensíbel.
Quen te escoitou só unha vez,
paxaro irremediábel do amor,
xa non te esquecerá endexamais.

A luz resucitada (1984)

Ningún comentario:

Publicar un comentario