martes, 8 de decembro de 2015

O lugar máxico

O meu cuarto

Eu teño na miña casa
un cuarto so para min:
nel gardo soños sen tasa
e fantasías sen fin.

No meu cuarto hai un balón,
un mecano e máis un tren.
¡E un cabalo de cartón
que gallopa moito e ben!

O meu cuarto é un misterio,
é un mundo pequeniño.
¡E ten morneza de colo
e tenrura de aloumiño!

O meu cuarto é unha illa
no vasto mar da cidade,
¡ouh porto de marabilla,
refuxio da intimidade...!

Mais a miña intimidade
precisa ser compartida.
¡A vida ten que entrar nun
para que un entre na vida!

As rúas do vento ceibe (1979)


Ningún comentario:

Publicar un comentario