A casa
erguida con xisto e cantería,
por
obra dos avós, era fermosa.
Aí
está: forte, firme, fachendosa
chea
de beleza, prestancia e harmonía.
Toda
ela é unha lección de xeometría,
unha
doce tenrura pudorosa,
unha
lareira tépeda, amorosa
e un
deslumbrante sol ao mediodía.
A
presenza da casa é imborrábel:
unha
fonda experiencia que vivín
de
maneira fatal e irrenunciábel.
Nesta
casa eu nacín, amei, sufrín...
A súa
memora, firme e perdurábel,
que
lembranza conservará de min?
Sonetos
á Casa de Hortas (1997)
Ningún comentario:
Publicar un comentario