Égloga dunha égloga
Miña égloga en azul, en amarelo,
na procura do verde verdeterra
e do branco da lúa ou do da
neve. Égloga miña pola que
voan os paxaros, cantan
entusiasmados os regueiros
e murmuran as brisas delicadas:
nela nacen, viven e morren
os máis doces amores pastorís
e saloucan crisfales e amarilis.
Égloga das orixes na que o edén
estaba nas paisaxes míticas,
irreais e bucólicas da arcadia.
Égloga só de ar. Égloga pura.
As lúcidas lúas do Outono (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario