Da primeira obra publicada por Manuel María é a composición "Triadas dun mariñeiro", da que se cita a continuación a súa primeira parte:
1
Mariñeiro errante polos xuncos
que escoitaba tremolando nos regueiros
ledos e baixíos de ruadas
ou no dengue feiticeiro dunha rula
que emproaba na branca friaxe
das nubes cor de chumbo.
¡Ai, amor, qué pensamento albariño
varei, dende entón, na costa!
Mariñeiro de mares e loitas
no ronsel canso dunha vela
que semella mesmamente ceo ou neve.
Aqueloutrado.
E escoitaba cada noite morna
as brisas e as promesas
que levan os luceiros nos seus mastros
para muiñalos nas folerpas do zodíaco.
Muiñeiro de brétemas (1950)
Ningún comentario:
Publicar un comentario