1 
A neve atopou o niño                
no corazón do Nadal. 
A neve atopou o niño 
nas follas do carballal. 
Nas follas do carballal 
a neve entrou amodiño, 
que quer cantar no Portal 
unha canción ao Neniño. 
 | 
  
 2 
Querlle cantar ao Neniño 
a neve do carballal. 
E quer cantarlle amodiño 
con limpa voz de pardal. 
A nove atopou o niño, 
¡milagre polo Nadal! 
¡Halle cantar ao Neniño 
a neve do carballal! 
 | 
 
Panxoliñas (1992)
Ningún comentario:
Publicar un comentario