Ando a falar
en voz de pomba que se desfai en gaita.
Unha voz vella
e amorosa que lle naceu a un laio.
Ten unha lenda
nena de estrelas e de ventos
que non sei en
qué orballo naceu tremelucente.
... naceu
tremelucente na gracia pura do luar.
Nunha brisa
agarimada de gaivotas.
Nun vento
labrego con ledicia de merlos.
No sorriso
murcho dun meniño morto.
No cabelo dun
anxo que ten violíns por beizos [...].
Na voz da
choiva nacida, verso a verso,
núa de
esperanza, navegando ao tempo
cun doce amigo
que morre no silencio.
Na voz da
choiva, alta de asubíos e de chamas,
nun rito
arcaico de días e de galos
está deitado
o seu soño como vaca que brada.
... como unha
silveira que esgaza os chíos dos paxaros
que, cegos de
amor, choran baixo a alba...
Así que nace
a estrela relouca de ledicia
mentres
perugueiros e labregos escoitan o silencio.
Alguén
pregunta por unha voz chorosa que se esvae
como unha
pomba ferida cunha frecha na alma.
Mar Maior
(1963)
Ningún comentario:
Publicar un comentario