Torre
Penela, Quirogas e Lamelas,
baixo
o sol pasado doutros días,
encheron
todo o Val de fidalguías,
cabalgadas,
cazatas, rondas, velas.
Remataron,
para sempre, retesías,
as
donas remilgosas, as doncelas,
os
requintados xogos, as arelas
ateigadas
de ensoño e fantasías.
Pro
queda esborrallada, anque de pé,
desafiando
ventos, neves, vendavais,
unha
torre que foi máis que non é.
E
permanece o amor, os tristes ais,
símbolo
de paixón e máis de fe,
da
lenda dos amantes de As Novais.
Sonetos ao Val de Quiroga (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario