Sei dun país que existe e
non existe:
é unha patria terreal e
humana
que envellece comigo día a
día.
Teño na lembranza o seu
recendo
a terra húmida, rosas e
loureiro.
Habito as súas cidades
exemplares
feitas de amor, dor e pedra
grá
con árbores e rúas
silandeiras
que van desembocar a prazas
íntimas
de nomes de estrela ou
andoriña.
Nos meus ollos levo as súas
paisaxes,
a máxica xeometría das
súas casas,
o seu ceo limpo,
azul‐grisento,
sucado de leves nubes
camiñantes,
de brétemas vagas como
anceios
e luceiros que queiman como
brasas.
Nos meus ouvidos gardo o
son sutil
do vento cantando nos
carballos,
o musical murmurio dos seus
ríos,
o berro escuro e forte dos
seus mares
e os versos que din as
arboredas.
Esta patria existe. Eu vivo
nela.
Non ten odios, rancores nin
envexas.
Nunca souben, nin sei, o
nome seu.
Mais cando desexo nomear a
este país
os meus beizos énchense de
luz
e, dende o fondo do ser,
digo: SALETA.
O camiño é unha
nostalxia (1985)
Ningún comentario:
Publicar un comentario