Na
compaña de Saleta eu descubrín
a
música destes ríos, destas fontes,
as
curvas femininas destes montes
e as
lonxanías azuis case sen fin.
Con
lentitude e sorpresa aprendín
a ler
en nubes, néboas, horizontes
e
recobrar o tempo, os propios ontes
que,
mesmo sen sabelo, ían en min.
E non
tiven, entón, ningunha duda.
Era a
mesma paisaxe, igual historia:
¡paganismo
do Sil, Crismón da Ermida...!
Foi
unha revelación fonda e aguda:
¡un
anaco de vida xa vivida
que eu
levaba gardada na memoria!
Sonetos ao Val de Quiroga (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario