é
unha raioliña de luar na íntima
e
familiar Praciña do Concello
batendo
contra as casas de Montes
ensumíndose
entre
as
vellas cerdeiras e os negrillos
esa
raioliña tecida con lembranzas
é a
fada que sempre desexamos ollar
o noso
degaro feito luz ben real
as
palabras de amor que van no
noso
peito
a
chave
que se
abre aos segredos máis escusados
e nos
fai donos de todos os tesouros
celosos
e avarendos nós gardamos
a
raioliña de luar que nos é propia
xunto
ao primeiro sol da Primavera
e as
derradeiras follas do Outono.
Escolma
de poetas de Outeiro de Rei (1982)
Ningún comentario:
Publicar un comentario