mércores, 18 de maio de 2016

As Irmandades da Fala e o Estatuto de 1936

As Irmandades da Fala
contra o feroz centralismo,
¡déronlle ao pobo galego
un claro nacionalismo!

E despois das Irmandades
esforzados galeguistas
¡gañaron grandes batallas,
fixeron grandes conquistas!

Bóveda e máis Castelao
foron os nosos guieiros
que levaron a Galiza
por galegos derroteiros.

Mais no ano trinta e seis
militares e fascistas,
¡asoballaron Galiza
con xeitos imperialistas!

¡Anularon o Estatuto,
o pobo foi masacrado,
Castelao morreu no exilio,
Bóveda foi fusilado...!

Mais aquel pobre Estatuto
non foi ningunha victoria:
¡só o comezo do principio
de endreitar a nosa Historia!

As rúas do vento ceibe (1979)


Ningún comentario:

Publicar un comentario